3. Calidade e seguridade nos traballos:

> Dilatada experiencia  > Formación en seguridade e calidade dos equipos de traballo  > Aproveitamento con garantía en prazos e acabado  > Responsables ante problemas, ofrecendo solucións

Ence, líder en produción de celulosa e en xeración de enerxía renovable con biomasa

Ence é líder europeo en produción de celulosa de eucalipto e segundo en vendas, primeira empresa española en produción de enerxía renovable con biomasa forestal e líder en España na xestión integral e responsable de superficies e cultivos forestais. Para iso, buscamos permanentemente ofrecer de xeito eficiente e competitivo solucións ás necesidades dos nosos clientes, baseadas na capacidade técnica e de servizo da compañía, a calidade dos nosos produtos, así como a proximidade ao cliente e a loxística excelente. Estamos comprometidos co desenvolvemento dun sector forestal forte e sostible, para o que lle damos pulo á certificación forestal e as mellores prácticas de xestión coma vía de creación de desenvolvemento económico, especialmente no ámbito rural.

Ademais, o noso modelo de aproveitamento integral da árbore e o liderado no desenvolvemento de cultivos forestais permítenos crecer en enerxía renovable con biomasa forestal, contribuíndo á loita contra o cambio climático e á mellora e sostibilidade do medio. Co compromiso e implicación de todas as persoas que forman a compañía, Ence aspira a ser líder global no aproveitamento total e sostible de cultivos forestais, para xerar rendibilidade de forma sostida para os seus accionistas, o mellor servizo para os seus clientes, e emprego e riqueza nas áreas onde opera.

Comprometidos co desenvolvemento económico, o emprego e o medio

Ence conta con máis de 1.000 empregados e xera en España máis de 11.000 empregos, dos cales preto do 60% están relacionados coa xestión forestal e residen no ámbito rural. Deste xeito, Ence achega un importante efecto vertebrador do territorio que contribúe á creación de rendas e á fixación da poboación, evitando o abandono das zonas rurais. A compañía xestiona superficies forestais seguindo os criterios de sostibilidade e responsabilidade empresarial máis esixentes e recoñecidos a nivel internacional.

Así, Ence foi pioneira en acometer proxectos de certificación en España, non só das súas propias masas forestais, senón estendendo esta política ao seu ámbito inmediato fomentando a certificación das superficies dos seus socios e colaboradores.

Ence ten unha capacidade de produción de máis de 1.300.000 toneladas/ano de celulosa de eucalipto de alta calidade nas súas plantas de Navia (Asturias), Pontevedra e Huelva, nas que aplica as tecnoloxías máis respectuosas co medio e procesos de mellora continua para reforzar a súa competitividade e a súa calidade. Iso permítelle exportar máis do 85% da súa produción de celulosa a Europa, onde se encontran os máis esixentes clientes do mercado mundial, a través dun avanzado sistema loxístico.

Ademais, Ence está á cabeza na produción de enerxía renovable con biomasa en España, cunha potencia instalada de 230 MW de biomasa e outros 49 MW de coxeración con gas. A capacidade total que posúe a empresa na actualidade podería abastecer case 700.000 fogares españois, e equivale ao consumo de enerxía de máis de 2 millóns de persoas.

Ence é, en definitiva, unha empresa que fai do cultivo do eucalipto unha industria xeradora de emprego e respectuosa co medio, ao tempo que proporciona produtos imprescindibles para a nosa sociedade: celulosa natural e enerxía renovable.

Xestión da Seguridade e Saúde Laboral -Prevención de Riscos Laborais:

Ence implantou un Sistema de Xestión de Prevención de Riscos Laborais en todos os centros do Grupo, con logros significativos en materia de saúde laboral. As súas filiais en España, Norfor, Norfor Maderas e Silvasur Agroforestal, contan coa certificación dos seus Sistemas de Xestión de Seguridade e Saúde Laboral segundo OHSAS 18001.

 



+ 15 =
O interesado da o seu consentimento a que os seus datos persoais sexan tratados por ENCE – Energía y Celulosa S.A. como responsable do tratamento, co único fin de establecer contacto para a compra/venta de madeira. Así mesmo, infórmase de que os datos facilitados poderán ser cedidos a outras sociedades do grupo ou a terceiros que prestan servizo de soporte das aplicación.
Segundo o establecido no Regulamento (UE) 2016/679, pode exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación ou Esquecemento, Oposición, Oposición Automatizada, Portabilidade e Limitación do Tratamento. Para máis información consulte a Política de Privacidade.
 
Cultivamos un mundo mellor. Ver máis...

Informámoslle que o noso sitio web usa cookies propias e de terceiros para poder prestar os seus servizos Ao continuar navegando, entendemos que acepta o seu uso. Información