> O eucalipto,

Verdades e mentiras:

Principais beneficios ambientais e socioeconómicos

Comparados con outros cultivos forestais, e mesmo con bosques naturais, o eucalipto cultivado é capaz de producir de xeito sostible máis cantidade de madeira ou biomasa co mesmo consumo de recursos, satisfacendo con eficiencia a crecente demanda destas materias primas. En m3 por hectárea e ano, o eucalipto (15-30 m3/ha/año), comparado con outras especies utilizadas para celulosa triplica ao piñeiro (2-10 m3/ha/año) e ao abeto (4-10 m3/ha/año) e é catro veces máis produtivo que o bidueiro (3-8 m3/ha/año)

Nos cultivos con eucalipto desenvólvense complementariamente moitos outros usos, perfectamente compatibles coa produción de madeira: gandaría, uso cinexético, usos recreativos, actividade apícola, produción corticeira, etc. Sirva de exemplo que só no patrimonio xestionado por Ence se dedican a pastos unhas 25.000 hectáreas, case 46.000 hectáreas a uso cinexético e máis de 35.000 hectáreas a aproveitamento apícola.

O efecto beneficioso das árbores inverte os procesos de degradación. Segundo autores forestais como Montoya Oliver, "o eucalipto é un claro mellorador dos chans no caso das terras agrícolas que deban ser abandonadas como consecuencia da política agraria comunitaria. Mellora os chans, en especial os marxinais, para os que hoxe en día é unha alternativa forestal bastante favorable, tanto ecolóxica coma economicamente. Debería, pois, de promoverse o seu cultivo precisamente por razóns de conservación e mellora dos chans. (J.M. Montoya Oliver, "O Eucalipto"; 1995).

Os cultivos forestais son, polo tanto, unha oportunidade para mellorar os recursos económicos das poboacións rurais, ofrecendo usos alternativos sostibles en terreos de escasa calidade.

Só a actividade forestal de Ence xera máis de 6.000 empregos especificamente no ámbito rural, estables e enraizados co seu ámbito, e un volume de riqueza que supera os 300 millóns de euros en impostos, achegas á Seguridade Social e salarios, así como en compras forestais e rendas a propietarios.

A sociedade demanda produtos derivados da celulosa. España é deficitaria en madeira. As plantacións de eucalipto representan só o 3% das plantacións forestais en España, un mínimo espazo que non obstante produce a maior parte da madeira nacional sostendo o tecido industrial que a transforma.

As plantacións reducen a presión sobre bosques naturais para satisfacer a demanda social de madeira e outros produtos combustibles.

Os cultivos forestais de eucalipto actúan como importantes sumidoiros de CO2 debido ao seu rápido crecemento axudando a frear o cambio climático. Por cada m3 de biomasa producida, un eucalipto fixa ao ano 1,9 t de CO2.

Debido ao seu rápido crecemento e ao poder calirífico da súa biomasa, as plantacións de eucalipto representan unha grande oportunidade como fonte de enerxía renovable. De feito, segundo estudos publicados por diferentes institucións científicas, o eucalipto ten máis do dobre poder calirífico que o chopo e a pawlonia.

1 m3 eucalipto -2.623.920 kcal.

1 m3 de chopo -1.196.250 kcal.

1 m3 de pawlonia -1.197.990 kcal.

Dos mitos sobre o eucalipto

O eucalipto non é un xénero desertizador. Do estudo da especie, conclúese que o madeiro do eucalipto apenas contén un 25% do total de nutrientes recollidos pola árbore durante o seu crecemento. O 75% restante é devolto ao chan a través da descomposición de follas, codias e ramas, que son os restos das curtas aos que se somete o eucaliptal, cada 10-12 anos.

GONZÁLEZ E., PENALVA F., GÓMEZ C., 1985a. Exigencias nutritivas de Eucalyptus globulus en el SO español comparadas con las de otras especies. Anales del I.N.I.A. Serie Forestal 9, 47-55.

López Arias, M. (1991). Ciclo biológico de los elementos biogénicos en una plantación de Eucalyptus globulus del S. O. de España. INIA. Revista de Investigación Agraria. Serie Sistemas y Recursos Forestales 1: 75-91.

O eucalipto non é máis inflamable que outras especies. En estudos baseados nas experiencias desenvolvidas polo Instituto Nacional de Investigacións Agrarias (INIA), o eucalipto, a aciñeira e o piñeiro carrasco están catalogados no mesmo grupo segundo a súa inflamabilidade, igualados mesmo pola sobreira durante os meses de verán. Non é a maior ou menor inflamabilidade das especies arbóreas o factor fundamental que causa que un incendio de propague rapidamente. As causas que propician a rápida evolución ou descontrol dun incendio son a presenza excesiva de material combustible baixo as copas das árbores, e a maior ou menor continuidade física entre eles.

Guijarro JM.; Hernando C.; Pérez-Goreostiaga P. Vega JA.; Fonturbel T.; Diez C.; Martinez E. & Madrigal J. (2001). “Inflamabilidad de la hojarasca de diferentes especies forestales: Influencia de la humedad y de la densidad aparente del combustible. III Congreso Forestal Español. Mesa 6. Protección y restauración del medio natural. 600604.

Hernando Lara, Carmen (1994): “La Investigación Forestal aplicada a los incendios”- Curso Básico de Especialización en Defensa contra Incendios Forestales; Colegio de Ingenieros de Montes. ETECI Montes. Madrid.

Valette, J.CH. (1988). »Inflamabilité, teneur en eau et turgescence relative de Quatre espéces méditerraneénnes ». Documentos del Seminario sobre Métodos y Equipos para la Prevención de Incendios Forestales, 98-107. ICONA. Madrid.

Isto fai que siga crecendo en condicións hídricas deficientes nas que outras especies frean ou paralizan o seu crecemento. De feito, o eucalipto presenta calidades que non teñen outras especies forestais: intercepta menos chuvia (máis auga chega ao chan polo seu madeiro, as súas follas colgantes e copas pouco espesas) e é capaz de captar a auga da néboa a través das súas follas.

A eficiencia no uso da auga (EUA) mide a relación entre o CO2 fixado e a auga transpirada pola planta. O eucalipto posúe valores de EUA moi semellantes aos observados en especies doutros xéneros como o piñeiro (Landsberg, 1999) ou as quercíneas (sobreira, aciñeira) (Cermák et al., 1991; Jorgensen e Schelde, 2001).

Investigacións recentes para a especie Eucalyptus globulus determinan unha transpiración alcanza para unha árbore en Galicia de 1,78 litros de auga e día (Jiménez et al., 2007) e de valores de entre 0,5 -3,64 l/m2 doutro estudo desenvolvido sobre unha masas da mesma especie en Portugal (David et al., 1997).

Cermák J., Kucera J., Stepankova M., 1991. Water consumption of full-grown oak (Quecus robur L.) in a floodplain forest after the secession of flooding. En: Floodplain Forest Ecosystem. Vol. II, Penka, M., Vyskoti, M., Klimo, E., Vasicek, F. (eds.), Nueva York, pp: 397-417.

David T.S., Ferreira M.I., David J.S., Pereira J.S. 1997. Transpiration from a mature E. globulus plantation in Portugal during a spring-summer period of progressively higher water déficit. 1997. Oecologia 110:153-159.

Jiménez E., Vega J.A. Pérez-Gorostiaga P., Fonturbel T., Cuiñas P., Fernández C., 2007. Evaluación de la transpiración de Eucalyptus globulus mediante la densidad de flujo de savia y su relación con variables meteorológicas y dendrométricas.. Boletín del CIDEU 3: 119-138.

Jorgensen U., Schelde K., 2001. Energy crop water and nutrient use efficiency. The International Energy Agency IEA Bioenergy, Task 17, Short Rotation Crops. Dinamarca. 38 pp.

Pardos J.A. 2001. Fisiología Vegetal aplicada a especies forestales. Fundación Conde del Valle de Salazar. 456 pp.

Nun exhaustivo estudo científico levado a cabo en Galicia (CALVO, 1992) o autor describe as relacións auga-eucalipto do chan diferenciando o comportamento en cada unha das estacións do ano. Ademais de comprobar que en situacións críticas de falta de auga a evapotranspiración real de diferentes sistemas forestais (eucaliptal, piñeiral, e carballeira) é moi similar, descarta que o consumo de auga das plantacións de E. globulus proveña de acuíferos profundos. Nesta liña, os traballos de caracterización do sistema radicular do L. globulus (FABIÃO, 1986; FABIÃO et al., 1995; DONOSO, 1999) demostraron que esta especie desenvolve unha gran densidade de raíces na zona superficial do chan, decrecendo estas de forma drástica por debaixo dos 70-90 cm de profundidade. De forma xeral, o 80% da biomasa do sistema radicular sitúase nos primeiros 60 cm de profundidade no chan.

Calvo de Anta R., 1992. El Eucalipto en Galicia. Sus relaciones con el medio natural. Univerisidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, pp. 1-211.

Donoso S., 1999. Evaluación de prácticas selvícolas en plantaciones de Eucalyptus globulus. Tesis Doctoral. ETSI Agrónomos y Montes. Universidad de Córdoba.

Fabião A.; Madeira M. V.; Steen E.; Katterer T.; Ribeiro C. y Araújo C. (1995). Development of root biomass in an Eucalyptus globulus plantation under different water and nutrient regimes. Plant and Soil 168-169: 215–223.

Por último, atendendo ao seu papel como xerador de produtos que demanda a sociedade, é xusto recordar que o eucalipto consume moita menos auga que os cultivos agrícolas.

Consumo de auga por kg de biomasa producida en diferentes cultivos. Tipo de cultivo e consumo de auga por kg producido: Pataca (2.000 l/kg), Millo (1.000 l/kg), Cana de Azucre (500 l/kg) e Madeira de eucalipto (350 l/kg)

O eucalipto non é autóctono e non é un bosque natural, pero é a especie máis eficiente como xerador de materia prima na menor superficie. O eucalipto é alóctono. Esta condición compártena outras especies forestais como a alfarrobeira ou o castaño, introducido polos nosos antepasados, e outras moitas especies agrícolas. Non parece un argumento suficiente para deostar nada, menos a un xénero arbóreo.

O eucalipto é unha especie que tende a expandirse, porque ten capacidade de rebrote e xerminativa igual que o piñeiro ou o chopo, pero non é daniño para outras especies nin desequilibra o medio. No caso concreto do clima mediterráneo, o eucalipto nin sequera pode expandirse de forma natural. Segundo os profesionais forestais de distintas institucións españolas, é dubidoso que se poida cualificar ás especies de eucaliptos utilizadas no noso país de invasoras.

É verdade que en cultivo posúe menor diversidade biolóxica que un bosque natural, pero aínda así contan cunha biodiversidade asociada moi beneficiosa para fauna e flora, e nin moito menos exercen un efecto aniquilador sobre a biodiversidade do seu ámbito.

É habitual no norte de España o fento común baixo os eucaliptales (indicador de chan fértil) e no sur, concretamente en Huelva, tamén se dá unha importante rexeneración natural do bosque autóctono nas zonas máis propicias por chan e clima.

DOMÍNGUEZ DE JUAN M.T., 1986. Influencia de nutrientes y polifenoles vegetales en humificación de la hojarazca de especies autóctonas e introducidas de la provincia de Huelva. Tesis Doctoral.Universidad Autónoma. Madrid.

BARÁ S., RIGUEIRO A., GIL M.C., MANSILLA P., ALONSO M., 1985. Efectos ecológicos del Eucalyptus globulus en Galicia. Estudio comparativo con Pinus pinaster y Quercus robur. I.N.I.A. M.A.P.A. Madrid. 381 pp.

el eucalipto
 



+ 12 =
O interesado da o seu consentimento a que os seus datos persoais sexan tratados por ENCE – Energía y Celulosa S.A. como responsable do tratamento, co único fin de establecer contacto para a compra/venta de madeira. Así mesmo, infórmase de que os datos facilitados poderán ser cedidos a outras sociedades do grupo ou a terceiros que prestan servizo de soporte das aplicación.
Segundo o establecido no Regulamento (UE) 2016/679, pode exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación ou Esquecemento, Oposición, Oposición Automatizada, Portabilidade e Limitación do Tratamento. Para máis información consulte a Política de Privacidade.
 
Cultivamos un mundo mellor. Ver máis...

Informámoslle que o noso sitio web usa cookies propias e de terceiros para poder prestar os seus servizos Ao continuar navegando, entendemos que acepta o seu uso. Información