FAQ's,

Preguntas frecuentes

Pode poñerse en contacto connosco a través do noso número de teléfono 900.100.125. Dende aquí podémoslle agendar unha cita co encargado da zona á que corresponda o terreo que nos indique.

Ence compra só lotes de madeira que cumpran as seguintes condicións: Tamaño do lote: debe conter polo menos 150 toneladas de madeira de eucalipto, e unha superficie de polo menos 2500 m². Isto é debido a que o custo de aproveitamento e de xestión da compra aumenta fortemente en parcelas pequenas e lotes de pouca madeira. Se o seu monte non cumpre esta condición, recomendámoslle que se poña de acordo cos propietarios das parcelas lindantes para vendernos toda a madeira á vez e incrementar así a superficie e cantidade de madeira aproveitada.

Idade do lote: polo menos 12 anos de idade da madeira. Isto débese a que é o momento no que a árbore alcanzou o seu maior potencial de crecemento e este desacelérase, polo que é o momento máis adecuado para cortar. Cortar antes lévalle a perder capacidade de produción de madeira. Ademais, no caso de que sexa máis novo ten o problema de que as características da madeira levan consigo un menor rendemento no proceso de produción de pasta.

O aproveitamento forestal engloba as operacións de talla e extracción da madeira. É, polo tanto, o proceso dende que a árbore está en pé ata que están os madeiros no lugar no que pode cargalos o camión que os levará ata o seu destino.

Traballamos no seu terreo coa maior calidade posible para evitar calquera impacto no terreo e a futura plantación ou rebrote. Ademais comercializamos planta mellorada de calidade garantida, a mesma que plantamos nos nosos terreos (xestionamos máis de 12.000 ten no Noroeste peninsular), asesoramos sobre como plantar e conseguir a maior produtividade, trasmitimos nosa experiencia en selvicultura aos propietarios forestais, poñemos en contacto con empresas especializadas nas que confiamos para o coidado dos nosos propios terreos. ..

O prezo da madeira depende principalmente do tamaño do lote, de se está certificado PEFC ou FSC, do custo do aproveitamento e do valor da pasta de celulosa no mercado internacional no momento da compra. Pode consultar as nosas tarifas de madeira de eucalipto na seguinte páxina web:

http://www.ence.es/pdf/TARIFAS%20MADERA%20WEB%20enero%202013.pdf

En caso de calquera dúbida, chame ao 900 100 125 e concertaremos unha cita para asesoralo persoalmente sen ningún compromiso nunha visita ao monte para a súa valoración.

Realizando un pequeno esforzo en selvicultura, como por exemplo rozas periódicas, pódese minimizar o risco e danos por incendios. Calquera selvicultura que axude a fortalecer o estado da masa será boa para protexela ante pragas.

Ademais, cortando con maior frecuencia reducimos o risco de perdas producidas por pragas e incendios.

É a capacidade produtiva dun lugar (dependendo do chan, precipitacións, temperatura...) para unha determinada especie forestal.

Idade á que se recomenda a curta de determinada masa forestal.. Dende o punto de vista cuantitativo, é o de máxima renda en especie.

Nunha calidade de estación boa cunha quenda de 15 anos pódese producir 316 metros cúbicos por hectárea. A 30 anos produciría 520. Polo tanto dúas quendas de 15 anos producen 632 metros cúbicos por hectárea (316 x 2), é dicir, un 21%de metros cúbicos de madeira por hectárea máis.

É a idade á que se debe cortar para obter a maior cantidade de madeira a longo prazo. Coincide coa idade á que o crecemento medio anual é máximo.

O crecemento total en metros cúbicos por hectárea ata unha idade determinada, dividido pola devandita idade.

Crecemento en metros cúbicos por hectárea nun ano determinado

Compramos madeira de Eucalipto Globulus e Nitens, aínda que este último nunha cantidade do 5% do total da subministración. No caso de masas mixtas, compramos lotes dalgunha destas especies con ata un 30% doutras especies como Piñeiro

Aproximadamente necesítanse tres toneladas de madeira de E.globulus para facer unha tonelada de pasta de papel. En cambio, para a mesma cantidade de pasta de papel, se necesitan 4 toneladas de madeira de Eucalipto nitens, é dicir, un 30% máis de madeira.

Depende da tara do camión, do tipo de vehículo, ect. A media de carga dun camión rolda as 25 Tn de madeira.

Son dúas especies de Eucaliptus distintas. O nitens resiste o frío mellor que o globulus, por iso o recomendamos para cotas superiores a 400 m. Tiene o inconveniente de que practicamente non rexermola de cepa. O L. globulus, pola contra, resiste mellor a calor, ten bo rebrote de cepa co que se lle pode sacar máis dun aproveitamento, e ten mellor rendemento en celulosa.

O marco de plantación que recomendamos para o L. globulus é 4 x 2, ou polo menos 3,5 x 2,5, de tal forma que deixemos rúas dunha anchura mínima de 3,5 que permitan utilizar maquinaria para os labores de selvicultura e de aproveitamento. Serán necesarias polo tanto en torno a 1.200 plantas por hectárea.

É planta que provén dun longo proceso de investigación e desenvolvemento, que descende de árbores sobresaíntes identificadas no seu medio natural, seleccionadas pola súa produtividade en madeira, rectitude e limpeza de fuste, capacidade de rebrote e bo estado sanitario, cando son comparados co resto de árbores que o rodean. A partir de aí, mediante cruzamentos coidadosamente programados e controlados, e técnicas de propagación vexetativa obtense unha planta que mostra valores excepcionais nas características seleccionadas, e reprodúcese nos nosos viveiros: Planta mellorada.

  • Mellora o acceso á curta e vías de saca de todas as parcelas;
  • Mellora do prezo pola venda conxunta, en función das nosas tarifas;
  • Reduce os custos conxuntos:
    - De apertura e mantemento de vías (xa que son necesarias menos, hai máis alternativas e se pode usar a mellor);
    - De realización de rozas previas á curta (mellora a eficiencia polo incremento de superficie);
    - De execución de limpeza de restos de curta (mellora a eficiencia polo incremento de superficie);
    - De realización de estudos arqueolóxicos en zonas que afecten a varias parcelas (pódeno facer conxuntamente);
  • Aumenta o prezo que pode pagar a industria, ao reducirse os custos de aproveitamento pola mellora da eficiencia;
  • Permite desenvolver unha plantación homoxénea (no caso de utilizar o mesmo material), cuns menores custos e uns crecementos uniformes respecto ás parcelas lindantes, o que mellora a produtividade global da zona;
  • Permite emprender posteriormente unha xestión conxunta ordenada, que optimice a produtividade, aforre custos e cumpra a normativa, maximizando a superficie aproveitada por redución de distancia ás plantacións lindantes;
  • Contrarresta a fragmentación da estrutura da propiedade e a xestión;
  • Permite desenvolver unha xestión máis profesional e rendible;
  • Permite realizar tratamentos fitosanitarios máis efectivos contra o Gonipterus.



+ 14 =
O interesado da o seu consentimento a que os seus datos persoais sexan tratados por ENCE – Energía y Celulosa S.A. como responsable do tratamento, co único fin de establecer contacto para a compra/venta de madeira. Así mesmo, infórmase de que os datos facilitados poderán ser cedidos a outras sociedades do grupo ou a terceiros que prestan servizo de soporte das aplicación.
Segundo o establecido no Regulamento (UE) 2016/679, pode exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación ou Esquecemento, Oposición, Oposición Automatizada, Portabilidade e Limitación do Tratamento. Para máis información consulte a Política de Privacidade.
 
Cultivamos un mundo mellor. Ver máis...

Informámoslle que o noso sitio web usa cookies propias e de terceiros para poder prestar os seus servizos Ao continuar navegando, entendemos que acepta o seu uso. Información