LOPD

Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal

I. Datos Identificativos

O presente aviso e condicións legais (en adiante, o ‘’Aviso Legal’’) normaliza o uso dos servizos dos seguintes portais de Internet "www.ence.es", "www.compramosmadera.es" e "www.encepontevedra.com" (en adiante, o "Portal"). Recoméndase ler detidamente as seguintes Condicións.

Co obxecto de cumprir co deber de información de acordo co establecido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, quedan reflexados a continuación os seguintes datos:

Empresa Titular: Ence Enerxía e Celulosa, S.A.
Dirección: C/ Beatriz de Bobadilla 14, 4ª Planta, 28040, Madrid
Información de Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. o +34 91 337 85 00
CIF: A-28212264 Datos Rexistrais: Rexistro Mercantil de Madrid, Folla nº M-31131, Folio 157, Tomo 27285

II. Usuarios

O acceso e/ou uso do Portal de Ence Energía y Celulosa, S.A. atribúe a condición de usuario, (en adiante, o ‘’Usuario’’) que acepta plenamente, dende o momento de acceso e/ou uso, as Condiciones Xerais de Uso que aquí se reflexan.

III. Uso do Portal

O Portal de Ence Energía y Celulosa, S.A. proporciona o acceso a multitude de informacións, programas ou datos (en adiante, os "Servizos") na Internet pertencentes a Ence Energía y Celulosa, S.A. ou aos seus licenciantes aos que o Usuario pode ter acceso.

A prestación dos Servizos, por parte de Ence Energía y Celulosa, S.A. ten carácter gratuíto para os Usuarios.

O Usuario asume a responsabilidade de uso do Portal, a cal se estende ao rexistro ou cumprimentación de formularios que se requira para acceder a determinados servizos ou contidos. En todo caso, o rexistro efectuarase na forma expresamente indicada no propio servizo, sendo o Usuario responsable de proporcionar información veraz e lícita, e manter actualizada, en todo momento a información que facilite.

Como consecuencia deste rexistro, ao Usuario pódeselle proporcionar un contrasinal do que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial do mesmo.

O Usuario será o único responsable das manifestacións falsas e inexactas que realice e dos prexuízos que cause a Ence Energía y Celulosa, S.A. ou a terceiros pola Información que facilite.

O Usuario comprométese, ademais, a facer un uso apropiado da Web e os seus Servizos, sen vulnerar o disposto no presente Aviso Legal, prohibindo o que sigue:

  • a) Incidir en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á orde pública.
  • b) Difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos.
  • c) Provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de Ence Energía y Celulosa, S.A., dos seus provedores ou terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou cales queira outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados.
  • d) Intentar acceder e, no seu caso, empregar as contas de correo electrónico de outros Usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes.

Ence Enerxía e Celulosa, S.A. resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen adecuados para a súa publicación. En calquera caso, Ence Enerxía e Celulosa, S.A. non será responsable das opinións vertidas polos Usuarios a través de foros, chats, ou outras ferramentas de participación.

Respecto dos contidos (informacións, fotografías, deseño, texto, arquivos de son, arquivos de imaxe), quedará prohibido:

  • a) Reproducir, copiar, distribuír, difundir, transformar ou modificar, e comunicalos publicamente a non ser que se conte coa autorización do lexítimo titular ou estea permitido legalmente.
  • b) Vulnerar os dereitos de Ence Enerxía e Celulosa, S.A. ou dos seus lexítimos titulares sobre os mesmos.
  • c) Utilizalos para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos permitidos.
  • d) Tentar obter os contidos do Portal por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos usuarios así como dos que habitualmente se empreguen na rede.

IV. Protección de datos de carácter persoal ? Política de Privacidade de Ence Enerxía e Celulosa, S.A.

Ence Enerxía e Celulosa, S.A., cumpre coas directrices da Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica e demais normativa vixente en cada momento, e ver por garantir o correcto uso e tratamento dos datos persoais do usuario.

Ence Energía y Celulosa, S.A. poderá recabar, en cada formulario esixido para o acceso a determinados Servizos ou contidos, datos de carácter persoal para o seu almacenamento e/ou emprego, con respecto ao Usuario. Automaticamente, ditos datos incluiranse nas bases de datos responsabilidade de Ence Energía y Celulosa, S.A. (en adiante, o ‘’Responsable do Tratamento’’) cuxos datos de contacto se atopan no apartado I. do presente Aviso Legal.

O Responsable do Tratamento comprométese a tratar os datos facilitados polo Usuario, de acordo co establecido na normativa aplicable coas seguintes finalidades:

  • 1. Prestación do servizo de compra de madeira
  • 2. Xestión de procesos de selección
  • 3. Cuestionarios sobre a xestión forestal para grupos de interés

A base lexítima do tratamento para todas as anteriores finalidades é o consentimento. Os datos obtidos poderán ser cedidos a outras sociedades do grupo ou a terceiros que presten servizos de xestión de ditos tratamentos.

En calquera momento, o Usuario poderá exercitar os seus dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación ou esquecemento, Oposición, Oposición Automatizada, Portabilidade e Limitación do Tratamento, seguindo o procedemento do documento "Instrucciones para el Ejercicio de Derechos del Interesado", dispoñible na páxina web de ENCE.

Para máis información, consulte a Política de Privacidade.

V. Propiedade Intelectual e Industrial

Ence Energía y Celulosa, S.A. por si ou como cesionaria, é titular de tódolos dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos na mesma (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.), titularidade de Ence Energía y Celulosa, S.A. o ben dos licenciantes.

Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización de Ence Energía y Celulosa, S.A. O Usuario comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade de Ence Energía y Celulosa, S.A. Poderá visualizar os elementos do Portal e incluso imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. O Usuario deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivese instalado nas páxinas de Ence Energía y Celulosa, S.A.

VI. Exclusión de garantías e Responsabilidade

En ningún caso, Ence Energía y Celulosa, S.A., outorgará garantías ou se fará responsable dos danos e prexuízos de calquera natureza que se puideran derivar, a título enunciativo:

  • a) Errores ou omisións nos contidos e/ou servizos.
  • b) Falta de dispoñibilidade e funcionamento efectivo do Portal e/ou os seus Servizos e contidos.
  • c) A presenza ou transmisión de virus ou programas maliciosos pese a haber configurado tódalas medidas tecnolóxicas para evitalo.
  • d) As opinións dos usuarios nos foros, chat, e mensaxes nas distintas zonas do Portal.
  • e) O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ao orde público do Portal, os seus Servizos ou contidos, por parte dos usuarios.

VII. Modificaciones

Ence Energía y Celulosa, S.A. poderá, sen previo aviso, e sempre que o considere oportuno, modificar unilateralmente a estrutura e deseño do Portal así como as súas condicións de acceso e/ou uso. Ademais poderá modificar, eliminar ou engadir os contidos e Servizos prestados a través da mesma, así como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no Portal.

VIII. Enlaces

O Portal de Ence Energía y Celulosa, S.A. poderá dispoñer de enlaces ou hipervínculos a outros sitios da Internet controlados e xestionados por terceiros.

Ence Energía y Celulosa, S.A. non exerce ningún tipo de control, tampouco comercializa nin fai propios os contidos, servizos, informacións e manifestacións dispoñibles en ditos sitios web. Así mesmo, a inclusión destas conexións externas non implica ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

En ningún caso, Ence Energía y Celulosa, S.A. asumirá ningún tipo de responsabilidade, nin sequera de forma indirecta ou subsidiaria, polos contidos de algún enlace pertencente a un sitio web alleo, e/ou polos danos e prexuízos de toda clase que puideran derivarse do acceso aos mesmos. Tampouco se garantizará a dispoñibilidade técnica, fiabilidade, calidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún de ditos hipervínculos ou outros sitios de Internet.

IX. Dereito de exclusión

Ence Energía y Celulosa, S.A. resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao Portal e/ou os Servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou de un terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes Condiciones Xerais de uso.

X. Xeneralidades

Ence Energía y Celulosa, S.A. perseguirá o incumprimento das presentes Condicións así como calquera utilización indebida do seu Portal exercendo tódalas accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

XI. Modificación das presentes Condicións Xerais

Ence Energía y Celulosa, S.A. poderá modificar en calquera momento as condicións estipuladas, sendo debidamente publicadas tal e como aquí se presentan. A vixencia das citadas condiciones irá acorde coa súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

XII. Duración

A prestación do servicio do sitio web, así como dos servizos que ofrece, terá unha duración de carácter indefinido. Non obstante, Ence Energía y Celulosa, S.A. resérvase o dereito para interromper, suspender ou rematar a prestación do servizo do Portal ou de calquera dos servizos e/ou contidos que o compoñen.

XIII. Lexislación aplicable e Xurisdición

A relación entre Ence Energía y Celulosa, S.A. e o Usuario rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia, conflito ou disputa que suxire, será resolto polos Xulgados e Tribunais de Madrid.

Informámoslle que o noso sitio web usa cookies propias e de terceiros para poder prestar os seus servizos Ao continuar navegando, entendemos que acepta o seu uso. Información